Preestrea Curtametraxe «Corre»
CORRE, a nova curtametraxe producida por Tetra Filmes e dirixida por Saamira Ganay, transforma A Coruña nun escenario marcado polo medo, o control social e a supervivencia. Está protagonizada por Lucía Veiga, Sara Miranda e a propia directora. Durante a preestrea contaremos tamén coa actuación musical en directo de Belém Tajes e un coloquio posterior co equipo da película e diferentes asociacións vinculadas ás realidades sociais abordadas na obra. Entrada gratuita ata completar aforo